Boas a todos e todas! Continuamos coa creación dos anuncios publicitarios. Aquí vos deixamos outra mostra dos inventos revolucionarios para mellorar o coidado do medio ambiente.
martes, 4 de junio de 2024
lunes, 27 de mayo de 2024
A publicidade
Boas a todos e todas! Estas semanas estivemos traballando sobre publicidade e a creación de anuncios publicitarios. Por equipos tiñan unha tarefa moi especial: inventar un aparello ou máquina revolucionaria que permitese mellorar o medio ambiente. A continuación, deseñar un anuncio para amosar o seu invento e, por suposto, intentar vendelo aos mellores precios! Iremos subindo cada un deles para que os poidades ver e desfrutar!!
martes, 21 de mayo de 2024
Charlas informativas
Boas a todos e todas!
Estas semanas comezamos coas charlas informativas ao resto do colexio. En grupos de catro persoas iremos pasando por todas as aulas para concienciar sobre a importancia de coidar o medio ambiente. Ademais daremos a coñecer todas as iniciativas que estamos poñendo en práctica.
lunes, 22 de abril de 2024
Comezamos coa recollida de lixo
Boas a todos e todas!
A semana pasada comezamos coas tarefas de limpeza durante os recreos. Cada día da semana, oito voluntarios e voluntarias de 3º EP recorren o patio en busca de lixo ou residuos que recoller. Fixeron un gran traballo e xa son uns auténticos profesionais. Botemos un ollo ao seu traballo e esforzo!
lunes, 15 de abril de 2024
Tropa Verde!
Boas de novo!
Despois da carta que nos enviou o polbo Tintón decidimos crear a TROPA VERDE! Permitiranos acabar con todo o lixo que haxa no noso patio. Pero antes de comezar co noso labor tivemos que crear un logo que nos identificara. Para isto cada neno e nena creou un debuxo identificativo para a nosa tropa e, entre todos, votamos cal nos gustaba máis. Non foi unha tarefa doada pero... houbo un gañador!
lunes, 8 de abril de 2024
Resposta
Boas a todos e todas! Estes días respondemos á carta que nos enviara o Polbo Tintón. Nela comentámoslle todas as ideas que se nos foron ocorrendo para poder axudarlle, e de seguro que se nos ocorren outras moitas. Comezaremos a traballar nelas proximamente!
martes, 2 de abril de 2024
Saída ao museo de Historia Natural
Boas a todos e todas!
Queremos compartir convosco a saída que realizamos fai uns días ao museo de Historia Natural en Santiago. Alí puidemos ver diferentes exposicións sobre o medio natural: ecosistemas mariños, bosques galegos, exposición de minerais... É sobre todo, a importancia de coidar o medio ambiente!
Lixo dos mares e océanos
Boas a todos e todas! Rematamos a campaña de anuncios publicitarios con outro invento revolucionario para rematar cos plásticos e lixos que...
-
Boas a todos e todas! Estas semanas estivemos traballando sobre publicidade e a creación de anuncios publicitarios. Por equipos tiñan unha ...
-
Boas a todos e todas! Continuamos coa creación dos anuncios publicitarios. Aquí vos deixamos outra mostra dos inventos revolucionarios para...
-
Boas a todos e todas! Rematamos a campaña de anuncios publicitarios con outro invento revolucionario para rematar cos plásticos e lixos que...