lunes, 22 de abril de 2024

Comezamos coa recollida de lixo

 Boas a todos e todas! 

A semana pasada comezamos coas tarefas de limpeza durante os recreos. Cada día da semana, oito voluntarios e voluntarias de 3º EP recorren o patio en busca de lixo ou residuos que recoller. Fixeron un gran traballo e xa son uns auténticos profesionais. Botemos un ollo ao seu traballo e esforzo!

 

lunes, 15 de abril de 2024

Tropa Verde!

Boas de novo! 

Despois da carta que nos enviou o polbo Tintón decidimos crear a TROPA VERDE! Permitiranos acabar con todo o lixo que haxa no noso patio. Pero antes de comezar co noso labor tivemos que crear un logo que nos identificara. Para isto cada neno e nena creou un debuxo identificativo para a nosa tropa e, entre todos, votamos cal nos gustaba máis. Non foi unha tarefa doada pero... houbo un gañador! 

lunes, 8 de abril de 2024

Resposta

 Boas a todos e todas! Estes días respondemos á carta que nos enviara o Polbo Tintón. Nela comentámoslle todas as ideas que se nos foron ocorrendo para poder axudarlle, e de seguro que se nos ocorren outras moitas. Comezaremos a traballar nelas proximamente! 



martes, 2 de abril de 2024

Saída ao museo de Historia Natural

 Boas a todos e todas! 

Queremos compartir convosco a saída que realizamos fai uns días ao museo de Historia Natural en Santiago. Alí puidemos ver diferentes exposicións  sobre o medio natural: ecosistemas mariños, bosques galegos, exposición de minerais... É sobre todo, a importancia de coidar o medio ambiente!

lunes, 18 de marzo de 2024

Unha carta especial...

 Boas a todos e todas! 

Estes días recibimos unha carta de alguén moi especial... o  polbo Tintón! A mascota da biblioteca púxose en contacto connosco para pedirnos axuda porque está preocupado pola cantidade de lixo que hai no patio. Xa nos puxemos mans á obra! 




domingo, 17 de marzo de 2024

Coñecendo a contorna!

 Boas a todos e todas! 

Durante estas semanas estivemos moi atarefados pero xa estamos de volta! Iremos amosándovos todas as cousiñas que estivemos argallando. 

Para comezar, gustaríanos compartir con vós unha charla a que asistimos sobre a fauna autóctona. 



lunes, 6 de noviembre de 2023

A reciclaxe

 Boas a todos e todas

Durante estas semanas que levamos de curso, comezamos a traballar sobre a importancia da reciclaxe e a súa necesidade. De aí que nas nosas aulas empecen a haber os correspondentes contedores para poder ir separando os residuos. 


Saúdos!

Comezamos coa recollida de lixo

 Boas a todos e todas!  A semana pasada comezamos coas tarefas de limpeza durante os recreos. Cada día da semana, oito voluntarios e volunta...