Boas a todos e todas! Rematamos a campaña de anuncios publicitarios con outro invento revolucionario para rematar cos plásticos e lixos que habitan nos fondos mariños e son tan prexudiciais para o medio ambiente!
miércoles, 5 de junio de 2024
Comebot!
Boas a todos e todas! Seguimos cos anuncios publicitarios. Este equipo preséntanos a "Comebot", un robot encargado de eliminar o lixo dos pobos e cidades!
Máis publicidade
Boas a todos e todas! Continuamos coa nosa publicidade a prol do medio ambiente. Vexamos outro dos anuncios publicitarios que prepararon outros compañeiros da Tropa Verde!
martes, 4 de junio de 2024
Anuncios
Boas a todos e todas! Continuamos coa creación dos anuncios publicitarios. Aquí vos deixamos outra mostra dos inventos revolucionarios para mellorar o coidado do medio ambiente.
lunes, 27 de mayo de 2024
A publicidade
Boas a todos e todas! Estas semanas estivemos traballando sobre publicidade e a creación de anuncios publicitarios. Por equipos tiñan unha tarefa moi especial: inventar un aparello ou máquina revolucionaria que permitese mellorar o medio ambiente. A continuación, deseñar un anuncio para amosar o seu invento e, por suposto, intentar vendelo aos mellores precios! Iremos subindo cada un deles para que os poidades ver e desfrutar!!
martes, 21 de mayo de 2024
Charlas informativas
Boas a todos e todas!
Estas semanas comezamos coas charlas informativas ao resto do colexio. En grupos de catro persoas iremos pasando por todas as aulas para concienciar sobre a importancia de coidar o medio ambiente. Ademais daremos a coñecer todas as iniciativas que estamos poñendo en práctica.
lunes, 22 de abril de 2024
Comezamos coa recollida de lixo
Boas a todos e todas!
A semana pasada comezamos coas tarefas de limpeza durante os recreos. Cada día da semana, oito voluntarios e voluntarias de 3º EP recorren o patio en busca de lixo ou residuos que recoller. Fixeron un gran traballo e xa son uns auténticos profesionais. Botemos un ollo ao seu traballo e esforzo!
lunes, 15 de abril de 2024
Tropa Verde!
Boas de novo!
Despois da carta que nos enviou o polbo Tintón decidimos crear a TROPA VERDE! Permitiranos acabar con todo o lixo que haxa no noso patio. Pero antes de comezar co noso labor tivemos que crear un logo que nos identificara. Para isto cada neno e nena creou un debuxo identificativo para a nosa tropa e, entre todos, votamos cal nos gustaba máis. Non foi unha tarefa doada pero... houbo un gañador!
lunes, 8 de abril de 2024
Resposta
Boas a todos e todas! Estes días respondemos á carta que nos enviara o Polbo Tintón. Nela comentámoslle todas as ideas que se nos foron ocorrendo para poder axudarlle, e de seguro que se nos ocorren outras moitas. Comezaremos a traballar nelas proximamente!
martes, 2 de abril de 2024
Saída ao museo de Historia Natural
Boas a todos e todas!
Queremos compartir convosco a saída que realizamos fai uns días ao museo de Historia Natural en Santiago. Alí puidemos ver diferentes exposicións sobre o medio natural: ecosistemas mariños, bosques galegos, exposición de minerais... É sobre todo, a importancia de coidar o medio ambiente!
lunes, 18 de marzo de 2024
Unha carta especial...
Boas a todos e todas!
Estes días recibimos unha carta de alguén moi especial... o polbo Tintón! A mascota da biblioteca púxose en contacto connosco para pedirnos axuda porque está preocupado pola cantidade de lixo que hai no patio. Xa nos puxemos mans á obra!
domingo, 17 de marzo de 2024
Coñecendo a contorna!
Boas a todos e todas!
Durante estas semanas estivemos moi atarefados pero xa estamos de volta! Iremos amosándovos todas as cousiñas que estivemos argallando.
Para comezar, gustaríanos compartir con vós unha charla a que asistimos sobre a fauna autóctona.
lunes, 6 de noviembre de 2023
A reciclaxe
Boas a todos e todas!
Durante estas semanas que levamos de curso, comezamos a traballar sobre a importancia da reciclaxe e a súa necesidade. De aí que nas nosas aulas empecen a haber os correspondentes contedores para poder ir separando os residuos.
Saúdos!
Comezamos a aventura!
Boas a todos e todas!
Somos o alumnado de 3º curso de EP e imos comezar a nosa participación no Plan Proxecta "Escola verde". Durante os vindeiros meses iremos aprendendo cousiñas sobre o coidado do medio ambiente, a súa importancia para a vida... e sobre todo, concienciar á comunidade educativa do seu valor. Dende aquí iremos amosando todas as actividades que imos realizando. Comezamos!
Lixo dos mares e océanos
Boas a todos e todas! Rematamos a campaña de anuncios publicitarios con outro invento revolucionario para rematar cos plásticos e lixos que...
-
Boas a todos e todas! Seguimos cos anuncios publicitarios. Este equipo preséntanos a "Comebot", un robot encargado de eliminar o ...
-
Boas a todos e todas! Estas semanas comezamos coas charlas informativas ao resto do colexio. En grupos de catro persoas iremos pasando po...
-
Boas a todos e todas! Durante estas semanas estivemos moi atarefados pero xa estamos de volta! Iremos amosándovos todas as cousiñas que es...


